
CURSO DE CONTRABAIXO VALLADARES
CURSO DE VERÁN: 23-24 xullo
Neste curso ofrecemos:
Por unha parte clases individuais onde se traballan as obras ou estudos centrando a atención ao PERFECCIONAMENTO TÉCNICO e a MUSICALIDADE.
E, por outra parte trabállase a música de cámara nas clases grupais co ENSEMBLE DE CONTRABAIXOS
Non hai límite de idade. Abarcamos os niveis comprendidos entre grao elemental ou calquera curso de escola de música ata o 6º de grao medio (Grao Profesional).
A sede do curso é a Escola Unión Musical de Valladares: Ctra. de Valadares, 233, 36314 Vigo, Pontevedra.
Poderáse participar ao curso como oínte tanto nas clases individuais como grupais.
Importe da matrícula alumno activo: 60 €
Importe da matrícula alumno oínte: 15€
A NOSA HISTORIA
Este 2022 vai a levarse a cabo o noso primeiro curso de Contrabaixo de Valladares!
Este proxecto nace dentro da aula de contrabaixo da escola de música Unión Musical de Valladares xuntamente co CMUSValladares. A principal impulsora do proxecto é Maria Servera Bosch, a profesora titular do centro.

MARIA SERVERA BOSCH
Profesora titular da Escola Unión Musical de Valladares e CMUS Valladares

Grao superior: Conservatori Superior de les Illes Balears
Máster de profesorado: Universidad Internacional de Valencia (VIU)
Orquestas e grupos de cámara nos que colabora: Orquesta de Cambra de Menorca (OCIM) e Trio Lied

CURSO DE CONTRABAIXO DE VALLADARES 2022
Este ano as clases maxistrais se impartiran pola contrabaixista Mar Rodríguez Martínez

MAR RODRÍGUEZ MARTÍNEZ
CONTRABAIXISTA PRIMER TUTTI DA OSCyL (Orquesta Sinfónica de Castilla y León)
Grao Superior: Conservatori Superior de les Illes Balears
Máster en interpretación musical: Escuela Superior Reina Sofía
Orquestas nas que colaborou: Gustav Mahler Jugendorchester e JONC

INSCRICIÓN
Para realizar a matrícula, os alumnos deberán cumprimentar o Formulario de Inscrición e ingresar o importe da matrícula no número de conta ES80 2080 5082 3630 4000 3194 da escola de música Unión Musical de Valladares, detallando o nome do participante. Unha vez recibamos o formulario e a transferencia poñerémonos en contacto convosco para darvos a benvida como alumnos oficiais.
Prazo de inscrición: ata día 30 de xuño. Prazas limitadas.
Concerto de clausura: Terá lugar o domingo día 24 de xullo no Auditorio do centro Cultural Valladares, coa participación do profesorado e alumnado.
Todos os alumnos participantes recibirán un diploma acreditativo. O transporte e o aloxamento correrá a cargo dos alumnos participantes.
O Curso desenvolverase atendendo todas as medidas e protocolos que anuncien as autoridades sanitarias.
Para dúbidas ou máis información poden escribirnos ao correo electrónico cursodecontrabaixovalladares@gmail.com
